Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Boqueixón impartiu charlas e obradoiros sobre Primeiros Auxilios no CPIP Antonio Orza Couto


O Concello de Boqueixón impartiu recentemente unha serie de obradoiros e charlas sobre Primeiros Auxilios. Esta iniciativa, dirixida ao alumnado de ESO do CPIP Antonio Orza Couto, desenvolveuse nas instalacións do ximnasio municipal.

Durante estas xornadas as mozas e mozos adquiriron “os coñecementos e habilidades necesarias para unha eficaz resposta nunha situación de emerxencia”, explican dende o departamento de Deportes do Concello de Boqueixón, encargado de desenvolver os seminarios. Esta proposta tamén contou coa colaboración do departamento de Educación Física deste centro educativo localizado en O Forte.

Por outra banda, amosouse ao alumnado a establecer un correcto protocolo de actuación que comeza coa chamada ó 112 ata como aplicar as técnicas de RCP. Para isto último, contaron con maniquís de adestramento. Dende o departamento de Deportes, aseguran que estas charlas e obradoiros se realizaron “con gran aproveitamento por parte dos nenos e nenas participantes”.